miércoles, 30 de mayo de 2012

domingo, 6 de mayo de 2012

A VISITA DE FRAN ALONSO

A finais de marzo, o escritor Fran Alonso visitou o cole.
Reuníuse co alumnado de 3º de primaria na biblioteca, xunto con Crocolibro.
Alí contounos moitas cousas, recitou poemas que só tiñan unha vogal, outros daban medo e outros moita risa.
Despois tivo a paciencia de firmar e adicar nos libros de cantos llo pediron.
Este é un pequeno resumo do seu paso polo cole.

video


Grazas Fran Alonso

domingo, 22 de abril de 2012

En Moaña...

Poema de Fran Alonso do seu libro "O meu gato é un poeta" versionado polo alumnado de Terceiro A.

Tomaron cada verso nunha cartolina e intercambiaron a súa orde para crear novos poemas. :)

sábado, 7 de abril de 2012

lunes, 2 de abril de 2012

Manual para ser poeta

Polo de agora só temos estes dous vídeos pero... paga a pena observalos con atención.



Traballamos poesías

Na clase de 3º B cada quen escolleu o seu poema do libro "O meu gato é un poeta" de Fran Alonso. Cada quen a escribiu nun folio e acompañouna con ilustracións. Logo gravamos a recitación.
Esperamos que vos gusten.

UXÍO

DANI



CARMEN



CHOVE


YRAYA

martes, 27 de marzo de 2012

Fran Alonso fala de nós


Fran Alonso, o escritor do libro "O meu gato é un poeta" que estamos traballando arreo, publicou un artigo no que inclúe as nosas propostas, debuxos e máis.
O que él non sabe é que aínda nos faltan cousas por publicar... xa lle avisaremos mañá, cando nos visite no colexio. ;)